O talento galego emerxente sae reforzado do festival de contidos dixitais Carballo Interplay

O festival de contidos dixitais Carballo Interplay despide a undécima edición, marcada polo cambio de localización para o Mercado de Carballo, trasladándose ao corazón da vila e polo recoñecemento ao talento galego emerxente no ámbito audiovisual e dixital. Este domingo o Carballo Interplay despediuse con dous dos momentos máis esperados, o show “CFA. Lasamigas Productions” da man de Carolina Iglesias e […]
A Xunta de Goberno Local aproba de xeito inicial dous novos convenios urbanísticos no ámbito do centro de saúde

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión deste luns, de xeito inicial, dous novos convenios urbanísticos na zona do centro de saúde que permitirán completar a parcela destinada á ampliación do edificio de xeito que se poida acometer a reordenación definitiva de todo ese ámbito. O 29 de outubro de 2021, o Consello da […]
A Deputación da Coruña concede unha subvención ao Concello de Carballo para o mantemento do CMUS
No BOP do 08/03/2024 a Deputación Provincial da Coruña publicou a Resolución pola que se aproba a concesión definitiva da subvención correspondente ao programa FO207: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento de Conservatorios, escolas de música e escolas de danza municipais, durante o ano 2024. Beneficiario: Concello de […]
A UDIAF de Bergantiños atendeu ao longo do ano pasado a 125 familias da comarca, case un 17% máis que no 2022

O presidente de AGAT e a coordinadora do servizo presentaron o informe anual nunha xuntanza co alcalde e a concelleira de Servizos Sociais A Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar (UDIAF) de Bergantiños, xestionada pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT), atendeu ao longo do ano pasado a 125 familias, segundo o balance que […]
Talento dixital e audiovisual galego na xornada inaugural do festival de contidos dixitais Carballo Interplay

O alcalde e o concelleiro de Promoción Económica Turismo participaron no acto de apertura xunto cun nutrido grupo de estudantes O Carballo Interplay comezou este xoves cunha xornada na que a creación galega dixital e audiovisual foi a protagonista xunto cun nutrido grupo de estudantes da Escola de Imaxe e Son da Coruña, da UDC […]
O II Encontro de Big Bands abre o “Abril musical” do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo

Despois do intenso programa de actuacións do mes de marzo, o Conservatorio Profesional de Música (CMUS) do Concello de Carballo continúa neste mes de abril con tres novas propostas. O Abril musical arrancará o día 9 coa segunda edición do Encontro de big bands, que se celebrará a partir das 20.00 horas no auditorio do […]