A avenida Ponte da Pedra incorpórase á zona azul con 14 prazas de estacionamento limitado

Lembra que podes recoller os discos de control na Policía Local ou no Museo de Bergantiños A avenida Ponte da Pedra estrea zona azul. Tal como acordou o pleno da corporación, a petición do comercio da zona, veñen de sinalizar 14 novas prazas de estacionamento limitado: oito no treito comprendido entre os números 64 e […]
As obras da travesía de Sísamo completarán os 1.760 metros desde a zona urbana de Carballo ata o lugar do Outeiro

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, achegáronse ata as obras de reurbanización da travesía de Sísamo, que parten do punto quilométrico 0+810, onde rematou a fase anterior, e continúan ata o final da vía no lugar do Outeiro (2+570). Ao longo destes 1.760 metros levarase a cabo unha actuación que […]
O piloto Fran Gómez Pallas agradece a colaboración do Concello de Carballo na súa última participación no Dakar

O piloto carballés Francisco José Gémez Pallas quixo agradecer a colaboración do Concello de Carballo na súa última aventura no Dakar facéndolle entrega ao alcalde duns agasallos moi, moi especiais: area do deserto e un cadro asinado. Evencio Ferrero, que o recibiu na Alcaldía este mércores, interesouse polos detalles da experiencia de Fran Gómez Pallas, […]
28 empresas e emprendedores/as participan no programa da Concellaría de Promoción Económica “Impulsa e despega”

A acción formativa arrincou este mércores cun evento no Museo de Bergantiños ao que asistiron o alcalde e o concelleiro Xosé Regueira 28 empresas e emprendedores dos sectores máis variados, e que teñen en marcha negocios en distintas fases de desenvolvemento, participan no programa Impulsa e despega, unha iniciativa da Concellaría de Promoción Económica coa […]
Asinado un novo contrato co centro especial de emprego Aspaber, que cumpre vinte anos no servizo de limpeza viaria

Representantes da entidade agradeceron a aposta realizada no seu día polo Concello de Carballo, que aínda hoxe é un referente a nivel estatal En maio do ano 2004, Aspaber converteuse na primeira empresa de economía social do Estado en acceder a unha concesión para un servizo municipal de limpeza viaria mediante concurso público. A súa […]
O programa “Actívate” chega a Ardaña en colaboración coa Asociación de Veciños Santa María

O programa Actívate, que agrupa actividades de distintas áreas do Concello de Carballo, segue viaxando dun extremo a outro do noso extenso concello, e chega agora a Ardaña en colaboración coa Asociación de Veciños Santa María. As actividades arrincarán este xoves 11 ás 19.00 horas cunha sesión teórico-práctica sobre primeiros auxilios no fogar que impartirá […]