Aberto do 24 de marzo ao 26 de maio o período voluntario para o pagamento dos recibos de IVTM, vaos e lixo de vivendas
Por resolución da Alcaldía nº 751/2025, do 12 de marzo, téñense aprobado os Padróns Fiscais correspondentes aos seguintes tributos: Taxa pola prestación do servizo de recollida, transporte e tratamento de lixo e residuos sólidos, na súa modalidade de vivenda. Importe total do padrón: 1.653.208,30 € (18.558 recibos). Taxa pola reserva de estacionamentos en vía pública […]
Aberto ata o 4 de abril o prazo de solicitude de vacantes nas escolas infantís As Landras e A Braña
Do 15 de marzo ao 4 de abril está aberto o prazo para a solicitude de vacantes nas escolas infantís de 0 a 3 anos da rede A Galiña Azul, entre as cales figuran As Landras e A Braña. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as resolucións que detallan o procedemento para a reserva […]
Ángeles Pacoret participou nunha xornada do Consello da Cultura Galega sobre o papel das librarías no futuro dos libros

A concelleira de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística centrou a súa intervención na Praza dos Libros Cales son os retos do libro galego? Cales as súas apostas? Como de diversos os seus perfís? A que públicos lles falta por chegar? E, moi especialmente, que espazo teñen o lectorado e o libro galego nelas? Estas son […]
Carballo conmemora o 125º aniversario da primeira traída pública coincidindo co Día Mundial da Auga

SÁBADO 22 DE MARZO O Concello e a empresa concesionaria do ciclo integral da auga, Gestagua, presentan o programa de actividades No ano 1900 foi inaugurada a primeira “traída de auga de Carballo”, cunha fonte principal na actual Praza de Galicia (por aquel entón Praza da Liberdade), que se mantén no seu emprazamento orixinal, e […]
Evencio Ferrero recibiu ao alumnado do IES Alfredo Brañas que representou a Carballo no Club de Debate Alingua

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, vén de recibir ao alumnado que representou a Carballo no Club de Debate Alingua, un programa cooperativo para alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de bacharelato, así coma dos ciclos formativos correspondentes, que promove e valora o uso oral do galego, o espírito crítico, a tolerancia […]
En marcha as obras de mantemento de vías, que abranguen tanto a zona urbana coma as parroquias

A empresa Vázquez y Reino está a executar as obras incluídas no contrato de servizos de conservación, mantemento e reparación das vías municipais, que ten adxudicado desde o 2023 por un período máximo de catro anos e un orzamento total de 1,4 millóns de euros. O contrato divídese en dous lotes: un correspondente ás vías urbanas […]