Estes son os grupos que darán a nota no Rockin 24

O Rockin’ Carballo chega disposto a conquistar a todas as xeracións cun macro concerto que non ten idade pero si un requisito: que che guste o rock. Despois do aperitivo de Lostregho na festa de presentación, o festival máis alternativo das festas de San Xoán presenta un cartel de primeira con músicos como Sofía Comas, […]
O Concello de Carballo inviste case 400.000 euros nas obras de posta en valor do núcleo de Arnados, en Razo

Dentro do proxecto está previsto pavimentar 7.200 metros cadrados de rúas, completar servizos, instalar mobiliario urbano e plantar 30 árbores O Concello de Carballo está a realizar un investimento de 395.661,91 euros nas obras de mellora interior do núcleo de Arnados, na parroquia de Razo. O alcalde, Evencio Ferrero, e os concelleiros de Obras e […]
Horarios do Concello de Carballo durante a Semana Grande de San Xoán, do 20 ao 26 de xuño
Bando do alcalde de Carballo sobre a celebración das cachelas de San Xoán e San Pedro
Con motivo das Festas de San Xoán 2024, e coa finalidade de facilitar á veciñanza a celebración das cachelas e sardiñadas, con tanta tradición no noso concello, establécense as seguintes normas de obrigado cumprimento: Autorízase a colocación de barbacoas ou similares e a realización de cachelas durante as celebracións patronais do San Xoán 2024. Ao […]
Comezan os traballos de campo previos á elaboración do plan director do ámbito A Granxa – O Hospital

Arrancarán o martes 11 e centraranse tanto na mobilidade peonil e motorizada coma na iluminación, o ruído ou o mobiliario urbano A Concellaría de Planificación Urbana e Mobilidade está a traballar na elaboración dun Plan director para a mellora do espazo público urbano e da mobilidade no ámbito dos barrios da Granxa e o Hospital. […]
O Concello e as catro seccións integradas en Xiria despedirán os actos do 40º aniversario da entidade cunha gran festa

VENRES 14 DE XUÑO, A PARTIR DAS 20.30 HORAS No fértil (deportivamente falando) ano 1983 naceron en Carballo dúas entidades que nos teñen dado ben alegrías: Escola Lubiáns e Asociación Deportiva Xiria. Con Escola Lubiáns, que leva corenta anos promovendo a práctica do hóckey a patíns e, máis recentemente, a patinaxe artística, celebramos non hai […]