O circuíto de Carballo bate o récord de participación do Campionato de España de Autocross 2024

12, 13 E 14 DE XULLO 116 pilotos ofrecerán un gran espectáculo nas probas que se disputarán esta fin de semana Por primeira vez no que vai de tempada, o Campionato de España de Autocross, CEAX Goldspeed, superará os cen participantes. Un total de 116 pilotos están inscritos para a carreira que se disputará esta […]
En marcha os traballos previos á demolición das antigas casas dos mestres

A demolición das antigas casas dos mestres está un pouco máis próxima. Esta semana están traballando no recinto operarios da empresa Elecnor para proceder á retirada do cableado eléctrico e do centro de transformación situado na parcela, que está previsto substituír por un soterrado. Ata alí achegáronse o alcalde, Evencio Ferrero, e as concelleiras Mar […]
Estudantes de 9 a 17 anos poderán mellorar as súas competencias dixitais nos campamentos do proxecto CRI-TIC

PRAZAS ESGOTADAS! As actividades, deseñadas pola Fundación Esplai, desenvolveranse do 30 de xullo ao 21 de agosto na aula CeMIT do Pazo da Cultura Ademais do campus urbano xuvenil que se desenvolverá do 15 ao 19 deste mes, no que intentaremos fomentar a creatividade dos adolescentes de 12 a 16 anos cunha variada oferta de […]
A Concellaría de Servizos Sociais pon a disposición das familias 280 prazas no programa Concilia

MATRÍCULA ABERTA DO 8 DE XULLO AO 9 DE AGOSTO O servizo prestarase nos colexios Fogar, Bergantiños e Gándara-Sofán, así coma en calquera outro no que haxa un número mínimo de usuarios/as O Concello de Carballo abre do 8 de xullo ao 9 de agosto o prazo de solicitude do programa Concilia para o curso […]
O pobo de Carballo recibe o Premio Lois Peña Novo en recoñecemento ao seu compromiso co uso do galego

O alcalde, Evencio Ferrero, recolleu o galardón nun acto celebrado este xoves no Castelo de Soutomaior (Pontevedra) O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, recolleu este xoves en Soutomaior (Pontevedra) o Premio Lois Peña Novo, concedido ao noso concello “pola súa firme aposta durante máis de 20 anos pola dinamización lingüística, desenvolvendo accións que animan tanto […]
Servizos mínimos decretados polo Concello de Carballo para a folga convocada polo persoal da empresa do servizo de recollida de lixo
Con motivo da folga convocada polo persoal da empresa UTE Carballo, concesionaria do servizo de recollida de lixo, punto limpo e canceira, o Concello de Carballo, no exercicio das súas competencias, vén de decretar os servizos mínimos que se recollen no documento anexo.