A demolición do edificio da rúa Fomento manterá a ponte da Casilla pechada ao tráfico rodado durante a semana que vén

PLAN DE XESTIÓN DO RISCO DE INUNDACIÓN As obras tamén obrigarán a cortar a marxe dereita do paseo fluvial, pero tanto neste ámbito coma na ponte garantirase a comunicación peonil Dentro do plan de xestión do risco de inundación nas beiras do Anllóns que leva a cabo a Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello […]
Convocatoria de subvencións ás asociacións culturais polo programa de actividades realizado no ano 2023
Por acordo da Xunta de Goberno Local do 15 de xullo de 2024 aprobáronse as bases da convocatoria de subvencións ás asociacións culturais para a realización do programa anual de actividades culturais 2023, que teñen por obxecto colaborar coas asociacións culturais do municipio así como contribuír ao mantemento e xestión da entidade e do seu […]
Asinado o contrato das obras de ampliación da rede de abastecemento de auga ata Entrecruces, que superan os 600.000 euros

O Concello de Carballo destina cada ano unha media de dous millóns de euros ao ciclo integral da auga O Concello de Carballo vén de asinar coa empresa Vázquez y Reino o contrato para a execución das obras de extensión da rede de abastecemento de auga desde A Canosa (Rus) ata Entrecruces, un proxecto ao […]
ADOS e o Concello agradecen a solidariedade da veciñanza na campaña especial de doazón de sangue, con 138 participantes
EN SETEMBRO, NOVA CAMPAÑA ESPECIAL 8 das persoas que se achegaron ata a unidade móbil doaron por primeira vez A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Concello de Carballo queremos agradecer a solidariedade que volveu a demostrar a veciñanza do noso concello coa excelente participación na campaña especial de doazón de […]
Ampla oferta da Escola de Idiomas para o curso que vén, con alemán, inglés, francés e español para estranxeiros

MATRÍCULA ABERTA ATA O 20 DE SETEMBRO A Escola Oficial de Idiomas (EOI), que ten a súa sede no Pazo da Cultura de Carballo, mantén aberto ata o 20 de setembroo prazo de matrícula para o curso que vén, no que impartirá unha ampla oferta formativa. Toma nota: Alemán (A1 e B1.1) Francés (A1, A1-A2, […]
A Xunta de Goberno Local aproba subvencións por importe de 75.000 euros para catro entidades empresariais
Na sesión ordinaria celebrada este luns tamén foron aprobadas varias licenzas urbanísticas, entre elas a correspondente á ampliación do centro de día de Aspaber A Xunta de Goberno Local aprobou este luns a concesión de subvencións a catro entidades empresariais por un importe total de 74.999,40 euros. As axudas, convocadas de xeito anual pola Concellaría […]