O Concello de Carballo licita o servizo de limpeza dos centros escolares para catro anos por 1,5 millóns de euros
O Concello de Carballo iniciou o proceso de licitación do servizo de limpeza dos centros escolares, no que se realizará un investimento de 1,5 millóns de euros en catro anos. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata as 23.59 horas do 23 de setembro. Toda a información está dispoñible no perfil do contratante. […]
O xadrez volve por partida dobre a Carballo coa sétima edición do Aberto de Xadrez Clásico e a segunda do Torneo Maxistral

DO 2 AO 7 DE SETEMBRO Carballo acollerá do 2 ao 7 de setembro o VII Aberto de Xadrez Clásico Concello de Carballo, valedoiro para ELO FIDE clásico, no que se utilizará o formato clásico a 7 roldas e no que se repartirán 2.000 euros en premios. Xa hai máis de corenta xogadores inscritos, pero […]
Unha trintena de estudantes de 9 a 17 anos participaron nos campamentos tecnolóxicos do proxecto CRI-TIC

As actividades, deseñadas pola Fundación Esplai, desenvolvéronse durante un mes na renovada Aula CeMIT, xestionada pola Concellaría de Innovación Os campamentos tecnolóxicos organizados este verán polo Concello de Carballo en colaboración da Fundación Esplai en Galicia chegaron á súa fin. Grazas ao proxecto CRI-TIC, unha trintena de nenos/as e adolescentes do noso concello puideron acudir […]
Rematadas as obras de pavimentación con formigón do rueiro interior do Vilar do Carballo, na parroquia de Oza

A actuación, que forma parte do plan de posta en valor dos núcleos rurais tradicionais, supuxo un investimento de máis de 200.000 euros O alcalde, Evencio Ferrero, e os concelleiros Luis Lamas e Miguel Vales achegáronse ata Vilar do Carballo, na parroquia de Oza, coincidindo co remate das obras de pavimentación do rueiro interior. O […]
Avelino González, Xograr de Outono do FIOT 2024

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, outorgará este 2024 o premio Xograr de Outono a Avelino González, o noso Xestal particular. Deste xeito, o encontro, unha cita de referencia en Galicia e no Estado polo seu traballo a prol da creación de novos públicos e o o fortalecemento da escena, mantén […]
A VI Challenge Júnior Carballo reunirá durante tres días no noso concello a un cento de ciclistas de toda España

A presidenta e o vicepresidente do Club Ciclista Carballo e o alcalde presentaron a proba, que se disputará do 23 ao 25 deste mes Mañá coñecerase a listaxe definitiva de participantes, pero a día de hoxe xa son máis de cen os/as ciclistas inscritos/as para a VI Challenge Júnior Carballo, unha das grandes probas que […]