O 2024 rematou coa cifra máis alta de solicitude de licenzas para vivendas dos últimos dezaseis anos

O Concello de Carballo tramitou o ano pasado licenzas para a construción de 97 vivendas novas, unha cifra récord desde o ano 2008. E tamén, por primeira vez nestes dezaseis anos, o groso desas vivendas vaise situar en edificios urbanos: 76 en total. No segundo e no terceiro trimestres do ano xa se presentaran solicitudes […]
A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras e servizos por 1.853.424,37 euros

Tamén foron adxudicados tres proxectos que suporán un investimento doutros 496.514,06 euros Nos próximos días sairán a licitación 12 proxectos de obras e servizos por un importe total de 1.853.424,37 euros. A Xunta de Goberno Local iniciou os procedementos de contratación na última sesión do 2024, celebrada o luns. As actuacións programadas son as seguintes: […]
O Concello de Carballo custodia 55 obras de Manuel Facal, a petición da familia, para evitar o seu deterioro

O Concello de Carballo vén de facerse cargo, a petición da familia, da custodia dunha pequena parte da extensa obra de Manuel Facal que se atopaban almacenadas en condicións pouco axeitadas para a súa conservación. Desde esta semana, 55 pezas pictóricas e escultóricas do artista carballés, finado o 6 de abril do 2024, están gardadas, […]
O Servizo de Normalización Lingüística organiza obradoiros de acollemento lingüístico e de preparación das probas Celga

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo pon en marcha unha nova edición dos obradoiros de acollemento lingüístico e de preparación das probas Celga. O primeiro vai destinado a persoas de fóra de Galicia, que neste obradoiro de acollemento lingüístico entrarán en contacto coa lingua e a cultura […]
Tras a apertura do campo principal, o anexo das Eiroas estará operativo de novo a partir do xoves 29 de agosto

Continúan as obras de construción do terceiro campo do complexo municipal, que se destinará á práctica de fútbol 8 O campo de fútbol anexo das Eiroas estará operativo de novo a partir de mañá xoves, 29 de agosto, tras as obras de instalación do novo céspede artificial. Deste xeito, os dous campos de fútbol do […]
Rematadas as obras de abastecemento a Rebordelos, dentro dun proxecto para mellorar o servizo en varios lugares

A actuación inclúe tamén os lugares da Igrexa e Cabalos (Artes), Quintáns (Ardaña) e Barís (Rus) e as rúas Fonte de Razo e Lirios e Salgueiros de Carballo O alcalde, Evencio Ferrero, e os concelleiros Luis Lamas e Miguel Vales achegáronse ata Rebordelos coincidindo co remate das obras de abastecemento de auga ao lugar, que […]