Aberto ata o 17 de marzo o prazo para participar no concurso do cartel do San Xoán 2025
Máis dun milleiro de estudantes participarán este trimestre en actividades do Servizo de Normalización Lingüística

Regueifa, club de debate, rutas guiadas, obradoiros…integran a oferta, que inclúe propostas para distintos niveis do ensino Os obradoiros do proxecto Enreguéifate, nos que participaron 70 alumnos/as de primaria e 30 de secundaria, abriron a proposta de actividades organizadas desde o Servizo de Normalización Lingüística para este primeiro trimestre do ano. Pero ademais de Lupe […]
A elaboración da Axenda Urbana permite a Carballo optar a axudas europeas por 15 millóns de euros

O Ministerio de Facenda publicou no BOE do 30 de decembro de 2024 a convocatoria de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) destinadas a entidades locais para o período 2021-2027 co obxectivo de promover o seu desenvolvemento sustentable desde unha tripla perspectiva: ambiental, económica e social. Carballo optará a estas axudas. Acceder a […]
Restricións no tráfico por mor da instalación das vigas da nova ponte da rúa Fomento
Para a semana que vén está prevista a instalación das vigas da nova ponte da rúa Fomento. Con motivo das obras quedará restrinxida a circulación rodada na rúa Río Anllóns, no treito ata Río Miño, e na avenida de Fisterra, desde o cruce coa rúa Mahón. Tamén quedarán suprimidas as prazas de aparcamento situadas nese […]
Volve a Feira do Día da Muller e a Nena na Ciencia co obxectivo de xerar vocacións científicas e referentes femininos

Este ano anticipamos a celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia para facelo coincidir coa feira e poder repetir o formato que tan boa acollida tivo o ano pasado. Os días 8 e 9 de febreiro celebraremos a II Feira do Día da Muller e a Nena na Ciencia, unha iniciativa […]
Aberto o prazo de inscrición para un novo curso de soldadura incluído no Plan formativo para o emprego
A Concellaría de Formación e Emprego porá en marcha en febreiro o Plan formativo para o emprego, financiado pola Xunta de Galicia. A primeira acción deste ano será un curso de Soldadura por arco baixo gas protector con electrodo non consumible, soldeo TIG, de nivel II. As persoas interesadas en participar deben facer a solicitude […]