Aprobado un investimento de 720.000 euros na reforma do Pazo da Cultura e o campo da festa de Artes

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar un investimento de 720.514,86 euros en de dúas infraestruturas de uso social e cultural. Por unha banda foi adxudicada á empresa Gestal y López, por 149.523,33 euros, a obra de acondicionamento do campo da festa de Artes, e, por outra, iniciouse o expediente de contratación do proxecto […]
A II Feira do Día da Muller e a Nena na Ciencia converteu o mercado municipal nun viveiro de vocacións científicas

Que Carballo é unha canteira de talento feminino non ten discusión. A exposición “Mulleres guerrilleiras: investigadoras de Carballo”, que inauguramos este sábado, visibiliza as traxectorias de 21 mulleres que representan o presente da investigación no noso concello, pero tamén se converte no escaparate dese enorme talento feminino que estamos a descubrir día a día e […]
Máis de 300 persoas teñen participado nos cursos de poda e enxerto organizados polo Concello de Carballo e Dixardín

Este ano superamos os 60 asistentes entre os talleres realizados nas parroquias de Lema e Rus e no lugar da Brea Máis de 300 persoas teñen participado nos cursos básicos de poda e enxerto promovidos pola Concellaría de Medio Ambiente coa colaboración do centro especial de emprego de economía social Dixardín, que acadaron este ano […]
O salvamento e socorrismo volverá encher Carballo co Campionato galego de distancias curtas

140 deportistas de once clubs da comunidade autónoma compiten este sábado 8 de febreiro na piscina Carballo Calero Unha semana despois da multitudinaria e exitosa Kids Spanish Cup – XXXIX Campionato de España infantil e cadete de inverno, Carballo é de novo referencia no salvamento e socorrismo, xa que este sábado 8 de febreiro dispútase […]
O Concello de Carballo presenta ao movemento asociativo os proxectos integrados cos que optaremos aos fondos Feder

O Ministerio de Facenda publicou no BOE do 30 de decembro de 2024 a convocatoria de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) destinadas a entidades locais para o período 2021-2027 co obxectivo de promover o seu desenvolvemento sustentable desde unha tripla perspectiva: ambiental, económica e social. Carballo optará a estas axudas con cinco […]
Cinco veciños/as de Carballo poderán participar nun panel cidadán sobre o próximo orzamento europeo. Prazo de inscrición aberto ata o 16 de febreiro
Un total de 150 persoas dos 27 estados membros da Unión Europea formarán parte do próximo panel europeo de cidadáns, unha fórmula de participación que xa se ten utilizado en anteriores ocasións para debater sobre a loita contra o odio ou a eficiencia enerxética. Nesta ocasión, o obxectivo é recoller recomendacións da cidadanía para a […]