O Servizo de Recadación Municipal está operativo nas novas oficinas do mercado
O Servizo de Recadación Municipal estrea instalacións. Esta semana abriu ao público a nova oficina, situada na planta soto do mercado municipal, con acceso directo desde a Praza do Concello. Entre os servizos que poñemos á túa disposición figuran a información e tramitación de xestións relacionadas cos padróns fiscais. Na oficina non se realizarán cobros. […]
Comezan as obras de pavimentación na estrada de Sísamo e na zona urbana
As obras de reurbanización da estrada de Sísamo entre os puntos quilométricos 0+810 e 2+570 entran na súa recta final coa pavimentación da calzada. Con motivo dos traballos de aglomerado, a vía estará pechada ao tráfico a partir deste mércores 12 de febreiro, polo que as persoas que se despracen entre Sísamo e Carballo e […]
Un autobús coa imaxe de “Carballo levámolo dentro” percorre a partir de hoxe o noso concello

O venres 14 estará estacionado na Praza do Concello e queremos conseguir a 365 persoas orgullosas de ser de Carballo para facer unha foto nel Transmitir unha imaxe en positivo do noso concello é un dos eixos da acción do goberno municipal. Nos últimos anos vimos traballando para a consecución dese obxectivo a través de […]
Cortes de tráfico nas rúas Camiño Novo e Pontevedra
A partir do martes 11 de febreiro estará cortada ao tráfico rodado a rúa Camiño Novo con motivo das obras de demolición dun edificio en estado ruinoso. Os traballos durarán varios días. Os vehículos atoparán sinalizados os desvíos correspondentes pola zona das 4 portas (cruce das rúas Vázquez de Parga, Doutor Fleming, Valle-Inclán, Anxel Fole […]
Xa están en marcha as rutas literarias, unha das numerosas propostas para escolares impulsadas desde o Concello

Esta semana comezarán tamén os obradoiros de poesía e de microtoponimia de Carballo e continuarán os de Letras cantadas O colexio Nétoma-Razo abriu o programa escolar de rutas polo Mapa literario de Carballo, unha das numerosas propostas para escolares impulsadas desde o Concello, e neste caso en concreto desde o Servizo de Normalización Lingüística. Hoxe […]
Aprobado un investimento de 720.000 euros na reforma do Pazo da Cultura e o campo da festa de Artes

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar un investimento de 720.514,86 euros en de dúas infraestruturas de uso social e cultural. Por unha banda foi adxudicada á empresa Gestal y López, por 149.523,33 euros, a obra de acondicionamento do campo da festa de Artes, e, por outra, iniciouse o expediente de contratación do proxecto […]