O Concello de Carballo destina este ano un total de 976.000 euros a subvencións para o fomento do deporte

Representantes das 10 entidades deportivas que recibirán este ano subvencións nominativas asinaron esta mañá no salón de sesións os correspondentes convenios de colaboración co Concello de Carballo, que estivo representado polo alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez. Este ano destinamos un total de 976.000 euros a subvencións para o fomento do […]
Os escolares inician unha nova campaña de achegamento da veciñanza ao ciclo da auga e á Horta Seixo Branco

O sol acompañou aos nenos e nenas do CEIP Nétoma-Razo na visita que realizaron este martes ás instalacións dos servizos de abastecemento de auga e saneamento e á Horta Seixo Branco. Con eles comezamos unha nova campaña de achegamento da veciñanza ao ciclo integral da auga e ao proxecto de recuperación de variedades autóctonas de […]
O Concello de Carballo investiu nos últimos cinco anos máis de 1 millón de euros no parque empresarial de Bértoa

Desde o ano 2020, o Concello de Carballo leva investido máis de 1 millón de euros no parque empresarial de Bértoa. Nestes cinco anos foron atendéndose de xeito gradual as principais demandas do empresariado para intentar facilitar a expansión industrial, captar o interese de novas empresas e contribuír a situar o polígono carballés á cabeza […]
As zonas de baño do litoral carballés obteñen a cualificación de excelente, segundo a clasificación sanitaria da Xunta

Na costa carballesa hai cinco zonas de baño controladas sanitariamente: Pedra do Sal, Razo (que a efectos de salvamento divídese en tres: Cabreira, Intermedia e Posto), Arnados (que inclúe tamén a Explanada), Ría de Baldaio e Saíñas. Todas acadan a cualificación de excelente, segundo a clasificación sanitaria que vén de remitir a Consellería de Sanidade […]
O alumnado do “Obradoiro Lubiáns” comeza a instalación do mobiliario en edificios públicos de Carballo e Coristanco

O alumnado do Obradoiro Lubiáns comezou a instalación do mobiliario solicitado polas entidades de Bértoa para o centro social da parroquia, que agora poderá contar cunha pequena biblioteca e equipamento para a zona de almacén e cociña. A concelleira de Cultura, Maruxa Suárez, responsable dos centros sociais, achegouse para ver o resultado. O proxecto, impulsado […]
A veciñanza de Artes disporá dunha gran praza de 2.250 metros cadrados xunto á igrexa

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; a concelleira de Cultura e Festas, Maruxa Suárez, e o concelleiro de Servizos, Miguel Vales, visitaron hoxe as obras do campo da festa de Artes, no que estamos a realizar un investimento de 149.523,33 euros dentro do Plan Único POS+. A actuación, que executa a empresa Gestal y López, […]