Concello de Carballo e Xunta de Galicia asinan o convenio de cesión de solo para a construción de 73 vivendas de promoción pública no ano 2028

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinaron hoxe o convenio polo cal o noso concello cede de xeito gratuíto á Xunta de Galicia unha parcela de 1.998 metros cadrados para a construción dun edificio de promoción pública de 73 vivendas. A conselleira anunciou […]
As empresas de automoción amosan o potencial do sector en Carballo cunha nova cita de Berocasión, que este ano coincide co feirón de agosto

Berocasión volve a Carballo os días 29, 30 e 31 de agosto, coincidindo co feirón do quinto domingo de mes. As empresas locais de automoción ofreceron este luns, na presentación de Berocasión 2025, unha pequena mostra do enorme potencial do sector, que reunirá na zona do Rego da Balsa medio milleiro de vehículos de ocasión […]
Amigos de Galicia impartirá en Carballo un taller de promoción das TIC para persoas maiores de 60 anos

Ademais de todas as propostas do programa Remocea, que se desenvolverán entre outubro e xuño e que daremos a coñecer nos vindeiros días, en setembro arrincarán varias actividades dirixidas a maiores de 60 anos, algunhas xa coñecidas, como os bailes dos domingos, que comezarán o día 14 coa actuación de Martín Carrión, e outras novas, […]
O padrón municipal de vehículos aumentou en 3.041 unidades en cinco anos e acada a cifra récord de 29.990

No concello de Carballo hai 32.000 habitantes e case 30.000 vehículos. Concretamente 29.990, segundo os datos do padrón municipal de vehículos correspondente ao ano 2025. Son 3.041 máis que no 2020. No último ano rexistrouse un incremento especialmente importante, cun 2,81% de suba con respecto ao 2024. Dos 29.990 vehículos que hai no noso concello, […]
Protección Civil de Carballo colabora coa campaña de recollida de material para as zonas afectadas polos incendios forestais e está a disposición da Xunta para intervir onde sexa preciso

O servizo municipal e a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Carballo colaboran na campaña de recollida de material para as zonas afectadas polos incendios forestais organizada por Emerxencias Galicia. O material que se precisa son batelumes, máscaras e lentes e luvas de protección. Dito material poderase entregar na base de Protección Civil (Praza […]
En marcha a segunda fase do plan anual de mantemento de vías, que abranguen tanto a zona urbana coma a rural

A empresa Vázquez y Reino está a executar as obras incluídas no contrato de servizos de conservación, mantemento e reparación das vías municipais, que ten adxudicado desde o 2023 por un período máximo de catro anos e un orzamento total de 1,4 millóns de euros. O contrato divídese en dous lotes: un correspondente ás vías urbanas e […]