O Concello de Carballo colabora coa xunta local da AECC na campaña estival de prevención do cancro de pel

O Concello de Carballo colabora coa xunta local da Asociación Española contra o Cancro (AECC) na campaña de prevención do cancro de pel que se leva a cabo durante o verán coa finalidade de inculcar na poboación hábitos saudables de exposición ao sol. A partir do día 15 de xullo estarán dispoñibles na bibliopraia de […]
O Concello de Carballo executa as obras de urbanización da parcela cedida á Xunta de Galicia para ampliar o centro de saúde

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Planificación, Juan Seoane, visitaron hoxe as obras de urbanización da parcela que albergará a ampliación do centro de saúde. Os traballos, que executa a empresa Gestal y López cun orzamento de 243.759 euros, consisten na apertura dunha nova vía que conectará a rúa Médico Mariño coa avenida […]
A Xunta de Galicia acepta a solicitude do goberno municipal para establecer paradas de autobús no polígono industrial

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Planificación, Juan Seoane, mantiveron hoxe unha xuntanza con representantes do Polígono de Carballo para trasladarlles a información relativa á comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano, celebrada o martes en Santiago de Compostela, na que se abordaron as peticións presentadas polos 17 concellos da área metropolitana […]
A Escola de Hostalaría do Fórum Carballo acollerá cursos de cociña para nenos/as e maiores dentro do proxecto “GastroFórum”

A Concellaría de Innovación, Formación e Emprego pon en marcha o proxecto GastroFórum, que agrupará a partir de agora todo tipo de actividades relacionadas coa gastronomía, a alimentación e a restauración dirixidas aos diferentes sectores da poboación. A modo de estrea, a semana que vén realizaremos dúas actividades para fomentar a afección pola restauración […]
Volve a Praza dos Libros cun potente programa de actividades que acredita o noso compromiso coa cultura galega

Do 10 ao 13 de xullo volve a Praza dos Libros (PLIC) cun potente programa que acredita o compromiso do Concello de Carballo coa cultura galega. O alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira de Arquivos, Bibliotecas e Normalización Lingüística, Ángeles Pacoret; o presidente da Fundación Luis Calvo Sanz, Chano Calvo, e representantes das librarías e editoriais […]
Comezaron os campamentos de verán nos que a rapazada de 9 a 17 anos vai mellorar as súas competencias dixitais

Despois da boa acollida que tiveron o ano pasado, este verán duplicamos a oferta de campamentos dixitais en colaboración coa Fundación Esplai. Hoxe comezou na Aula CeMIT o primeiro dos catro campamentos do proxecto CRI-TIC que se desenvolverán ata finais de agosto, e que teñen como obxectivo mellorar as competencias dixitais da rapazada carballesa. O […]