A web oficial do concello de Carballo

A corporación municipal aprobará no pleno de setembro o convenio entre o Concello e o Sergas para converter o centro de saúde nun centro integral de saúde comarcal

evencio ferrero e belen lendoiro setembro 2025

A corporación municipal aprobará no pleno ordinario de setembro, que se celebrará o luns 29, o convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e o Sergas para ampliar o centro de saúde e convertelo nun centro integral de saúde (CIS) de ámbito comarcal. O alcalde, Evencio Ferrero, que deu conta dos asuntos que abordará […]

O Concello de Carballo presenta o programa formativo C4S, destinado a impulsar un sector turístico local de calidade

C4S programa turismo

A Concellaría de Promoción Económica e Turismo presentou este xoves o proxecto C4S-Carballo pola Sostibilidade, un programa de formación para as empresas do sector que permita “conseguir un turismo de calidade que xere valor no concello”, como explicou o concelleiro Xosé Regueira na presentación da iniciativa. As 10 empresas participantes serán consideradas “as tractoras para […]

Nove establecementos locais elaborarán os mellores bocadillos gourmet con Pan de Carballo e produtos de proximidade no Onda Bocata Fest, do 26 ao 28 de setembro en Razo

Presentación Onda Bocata Fest 2025

A biblioteca coas mellores vistas do mundo pechou as súas portas hai uns días en Razo, o servizo municipal de salvamento e socorrismo tamén recolleu o material despois dun caloroso e concorrido mes de agosto, e este sábado remataremos o programa Eu quero Razo-Baldaio cun foro aberto á cidadanía para falar sobre o presente e […]

A Xunta de Goberno Local aproba o expediente de expropiación dos terreos precisos para actuar no xacemento arqueolóxico da Pedra Moura de Aldemunde

Dolmen da Pedra Moura, Aldemunde

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión deste luns o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, dos terreos necesarios para actuar no xacemento arqueolóxico da Pedra Moura de Aldemunde, incluído no Parque do Megalistismo da Costa da Morte. O proxecto afecta a cinco propiedades de solo rústico de protección do patrimonio e/ou […]