O Festival Carballo Interplay e o programa Apego, que naceu no noso concello, reciben dous dos dez Premios da Crítica de Galicia

Carballo foi protagonista por partida dobre na gala de entrega dos Premios da Crítica de Galicia, os máis antigos de Galicia que brinda a sociedade civil. Este sábado 18 de outubro, a sede de Afundación de Vigo acolleu a gala de entrega da XLVII edición dos premios, que distinguen artistas e iniciativas nas modalidades de […]
Contacontos, música e maxia para celebrar o Día das Bibliotecas e o undécimo aniversario da Biblioteca Municipal Rego da Balsa

Un ano máis, arredor do Día das Bibliotecas temos preparado un programa de actividades que reforzan a oferta anual das nosas bibliotecas, que vai moitísimo máis alá dun servizo de consulta e préstamo de libros. Nas bibliotecas de Carballo podes debuxar, ver unha película, asistir a un concerto, participar nun club de lectura, participar nunha […]
O Concello de Carballo estivo presente no XII Congreso da Rede de Cidades que Camiñan, no que se abordou a relación entre saúde e espazo público

Carballo estivo presente no XII Congreso da Rede de Cidades que Camiñan, que se celebrou de xoves a sábado en La Línea de la Concepción e que este ano bateu récord de inscricións, con 170 representantes de institucións e entidades de toda a península. Xunto co concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, e a representante do […]
Aspaber rende homenaxe a Evencio Ferrero “polo seu compromiso social durante 22 anos como alcalde de Carballo”

Aspaber celebrou este venres 17 de outubro un emotivo acto de homenaxe a Evencio Ferrero, alcalde de Carballo durante 22 anos, “en recoñecemento ao seu compromiso social e ao apoio esencial que brindou para o desenvolvemento da entidade ao longo destas dúas décadas”. Foron os usuarios e usuarias de Aspaber, preto de 120 persoas, quen […]
O Concello de Carballo súmase á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro de Mama en colaboración coa xunta local da AECC

O Concello de Carballo súmase á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro de Mama. Ademais de iluminar de cor rosa a casa do concello, unha das peticións que realiza cada ano a xunta local da Asociación Española contra o Cancro (AECC) para visibilizar a enfermidade, que é a primeira causa de morte por cancro […]
O alcalde visitou as obras da travesía de Sísamo no lugar do Outeiro, onde rematará o proxecto de acondicionamento dos 2.570 metros da vía provincial

O alcalde, Daniel Pérez, e os concelleiros Luis Lamas e Miguel Vales visitaron as obras da travesía de Sísamo, que está xa na súa recta final. Os traballos concéntrase no lugar do Outeiro, onde rematará o proxecto de acondicionamento dos 2.570 metros de vía que unen ese punto coa vila de Carballo. A terceira e […]