O FIOT abre a inscrición para participar na novena edición do Certame Micro-Escenas M2
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo abre ata o 20 de xuño a convocatoria para participar na nova edición do Certame Micro-Escenas M2, o primeiro certame de microteatro que se realiza en Galicia, e que naceu ao abeiro do FIOT como unha proposta específica de apoio á creación escénica de novos formatos e de compañías […]
O Concello renova os convenios coa Cámara de Comercio para o viveiro de empresas e a promoción tecnolóxica e industrial

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns 5 de maio a renovación dos convenios entre o Concello de Carballo e a Cámara de Comercio para o impulso do emprendemento, por unha banda, e a promoción tecnolóxica e industrial, pola outra. O acordo para o impulso do emprendemento utiliza como plataforma o viveiro de empresas situado […]
O autobús coa imaxe de “Carballo levámolo dentro” volverá o venres 9 de maio pola tarde á Praza do Concello

Despois da excelente acollida que tivo a iniciativa do 14 de febreiro, na que participaron 390 persoas, e das numerosas solicitudes recibidas para que se repita, o autobús coa imaxe de Carballo levámolo dentro volverá a estar na Praza do Concello o venres 9 de maio, de 17.00 a 20.00 horas, grazas á colaboración de […]
Andrea Espiñeira Forcada e Rosalía Macías Tarrío asinan o cartel do San Xoán 2025, que recolle os elementos máis simbólicos da nosa festa

Andrea Espiñeira Focada, ferrolá residente en Mallorca, e Rosalía Macías Tarrío, natural de Oleiros, asinan o cartel do San Xoán 2025. A imaxe captura a esencia das nosas festas a través de elementos tan simbólicos como o lume, as flores, as herbas ou o espírito do verán. “Cando o fixemos non pensamos máis que en […]
O Consello da Cultura Galega celebra en Carballo o seu Concerto das Letras 2025 en recoñecemento á riqueza do canto tradicional na nosa comarca

A 15ª edición do Concerto das Letras Galegas do Consello da Cultura Galega (CCG) celebrarase este ano en Carballo en recoñecemento á riqueza que o canto tradicional ten tanto neste concello coma na comarca bergantiñá. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, xunto co alcalde da localidade, Evencio Ferrero, presentaron en rolda de prensa o programa […]
O CCA estrea “BioSaúde”, un espazo de encontro para a saúde, o benestar e o respecto pola natureza

Os días 10 e 11 de maio, o Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo celebrará a 1ª feira temática sobre “BioSaúde”, un evento pioneiro que poñerá o foco na promoción do consumo responsable, os hábitos saudables e o respecto polo medio ambiente, que foi presentado esta mañá na casa do concello e contou coa presenza […]