Carballo contará en breve con novos aparcadoiros que elevarán a 2.670 as prazas dispoñibles en parcelas urbanas

O Concello de Carballo está a acondicionar dúas novas zonas para o estacionamento de vehículos e a ampliar unha terceira, o que elevará a 2.670 as prazas dispoñibles en parcelas urbanas. Un dos aparcadoiros está na avenida do Ambulatorio, onde se traballa estes días no acondicionamento da parcela, que supera os 3.000 metros cadrados, e […]
O arquivo municipal convídate a coñecer a nosa historia a través dos documentos recompilados ao longo de 212 anos

Coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Arquivos, o arquivo municipal abriu as súas portas á cidadanía. Durante toda a mañá recibiu visitas organizadas, como a que realizou un grupo de alumnos e alumnas do colexio Artai; tamén libres, como as que fixeron varios veciños e veciñas de xeito individual ou en pequenos grupos, ou […]
Iván Martínez Dubra, novo oficial da Policía Local

Iván Martínez Dubra vén de tomar posesión como oficial da Policía Local nun acto celebrado na Alcaldía e ao que asistiron, ademais de Evencio Ferrero, o concelleiro de Policía, Juan Seoane; a secretaria municipal, Marina Núñez; o xefe da Policía, Pedro Cancela, e varios compañeiros/as do axente.
Presentamos o renovado equipo de limpeza viaria do Concello de Carballo e a nova marca que identifica os servizos municipais

O Concello de Carballo asinou hai xa 21 anos o primeiro contrato de prestación de servizos cunha empresa de economía social, e, deste xeito, Aspaber converteuse en maio do 2004 no primeiro centro especial de emprego en acceder a unha concesión para un servizo municipal de limpeza viaria mediante concurso público, coa singularidade de ter […]
Carballo acollerá este ano catro probas deportivas que reforzan o peso do noso concello no mundo do motor

O circuíto municipal de Carballo acollerá neste 2025 catro probas deportivas que reforzan o peso do noso concello no mundo do motor, entre elas dúas do campionato galego de autocross e unha do estatal. Pero este ano, ademais, o noso concello será a sede principal do Rally Terra de Galicia, que se celebrará do 4 […]
A UDIAF leva atendido a 559 nenos e nenas da comarca ao longo dos dez anos que leva en funcionamento en Carballo

O alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Maica Ures, visitaron hoxe a Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar (UDIAF) de Bergantiños, xestionada pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT), que lles presentou o balance de xestión coincidindo co décimo aniversario da súa apertura en Carballo. Ao longo destes […]