A Xunta de Goberno aprobou varias licenzas urbanísticas que permitirán seguir ampliando a actividade empresarial no polígono de Bértoa e no parque comercial A Revolta

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria deste 6 de outubro un total de 17 licenzas urbanísticas, varias delas relacionadas con actividades empresariais. En concreto, na listaxe figuran catro novas naves no polígono industrial de Bértoa para empresas dos sectores da construción, as enerxías renovables e os servizos agrícolas, ademais do acondicionamento dunha […]
Aprende soldadura ou montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios nas novas accións formativas que che ofrecemos no Fórum Carballo

O Fórum Carballo acollerá nos próximos meses dúas novas accións formativas pertencentes ao Plan Formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia (persoas traballadoras desempregadas), nas que poderás formarte en dous sectores con moita demanda laboral: soldadura mig/mag e montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios. Toma nota: SOLDADURA POR ARCO BAIXO GAS […]
O Concello de Carballo consegue financiamento europeo para un proxecto de case 11 millóns de euros

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este venres 3 de outubro a resolución da Dirección General de Fondos Europeos (Ministerio de Facenda) na que figuran os proxectos que recibirán financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional aos Plans EDIL. Entre as 25 propostas aprobadas en Galicia está a presentada polo Concello de Carballo. Carballo […]
As concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística poñen en marcha o programa “De landras a carballos”, con actividades infantís para participar en familia

As concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística continúan a traballar en diferentes iniciativas coas que queremos contribuír á crianza positiva, igualitaria e libre de violencias, empregando o galego como lingua de relación, expresión e afecto. Froito desa colaboración xorde De landras a carballos, un proxecto de sensibilización e acompañamento ás familias que reúne diversas propostas […]
Evencio Ferrero cesará o 4 de outubro como alcalde e concelleiro despois de 22 anos no goberno e de 46 como membro da corporación municipal

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presentou este mércores 1 de outubro a súa renuncia como alcalde e concelleiro, unha decisión moi meditada que “obedece a motivos estritamente persoais” e que ten moito que ver, como el mesmo dixo, coa súa recente xubilación laboral ao cumprir os 70 anos. “Pensando no mellor para Carballo, é […]
Visita do alcalde e da directora xeral de FP ao alumnado de Soldadura e Cociña que está a formarse por primeira vez no Fórum Carballo

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, acompañou esta mañá á directora xeral de FP, Eugenia Pérez, nunha visita ao alumnado do IES Monte Neme que está a cursar o grao básico de Cociña e Restauración con formación académica e práctica nas instalacións municipais do Fórum Carballo, grazas a un acordo entre a Consellería de Educación, […]