9,89 Km2
595 habitantes (2024)
Os terreos situados no fértil val de Ardaña eran, antano, en boa parte propiedade dos señores do pazo dos Breixo, en Gontade, un dos máis antigos do concello.
O pazo, que foi pasando de xeración en xeración, é hoxe en día unha casa labrega. Fíxate no escudo da fachada, no que están representadas varias das liñaxes nobres da zona, e mais no reloxo de sol do muro exterior. Moi preto da estrada que vai de Carballo a Compostela está a igrexa de Ardaña. Contrasta nela a combinación dos seus muros de pedra, de espírito barroco, co estilizado campanario de cor branca que data de mediados do século XX e que sorprende por ter sido construído nunha soa peza de formigón.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.