A web oficial do concello de Carballo

Aquí tes aos gañadores e gañadoras do III Concurso de Solistas do CMUS Carballo

14 alumnos e alumnas foron seleccionados na fase previa para a final do III Concurso de Solistas convocado polo Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo.

Na categoría de grao elemental resultaron gañadoras Carmen Veira Lamas (1º premio) e Emilia Borja Sánchez (segundo). Elsa Pazos, Marta Rey e Alba Felípez foron finalistas.

Entre o alumnado de 1º a 3º cursos de grao profesional o xurado distinguiu a Aaron García Muíño (1º premio) e, de xeito compartido, a Adela Baldomir e Leon Heldt (2º premio). Foron finalistas tamén nesta categoría Martín Ordóñez e Carmen Lema.

Finalmente, na categoría correspondente aos cursos comprendidos entre 4º e 6º de grao profesional, o primeiro premio correspondeu a Artsiom Davydzionak e o segundo, a Andrés Pedreira Varela. Nesta terceira categoría, chegaron tamén á fase final Daniela Alfeirán Espiño e Noah Quintela Salcines.

Moitos parabéns a todos e todas!