O Concello de Carballo convoca as axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e estudos de grao elemental ou profesional no Conservatorio Profesional de Música de Carballo correspondentes ao curso 2024/25.
- É requisito indispensable que a persoa beneficiaria e, cando menos, un dos proxenitores estea empadroado co beneficiario/a no termo municipal de Carballo.
- Poderán optar a unha axuda aqueles/as solicitantes cuns ingresos familiares anuais que non excedan as cantidades que se recollen na táboa seguinte segundo o número de membros computables da familia.
MÁXIMO DE INGRESOS FAMILIARES ANUAIS
Familias de 2 membros computables | 24.945 € |
Familias de 3 membros computables | 33.421 € |
Familias de 4 membros computables | 39.460 € |
Familias de 5 membros computables | 43.961 € |
Familias de 6 membros computables | 47.359 € |
Familias de 7 membros computables | 50.717 € |
Familias de 8 membros computables | 54.059 € |
Os ingresos calcularanse por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas IRPF). Os membros que presentasen Declaración do IRPF de 2023, sumarán os recadros 435 (base impoñible xeral) e a 460 (base impoñible do aforro), cando non se presentase teranse en conta os ingresos de acordo cos atos tributarios facilitados pola AEAT.
PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Do 8 de maio ao 9 xuño de 2025
INFORMACIÓN E CONSULTA DE DÚBIDAS
De luns a venres de 10.30 a 12.30 h de forma presencial no Pazo da Cultura ou telefonicamente nese mesmo horario no 981 704 300.
LUGAR E HORARIO DE PRESENTACIÓN
- A través da sede electrónica https://sede.carballo.gal/
- Rexistro Xeral do Concello de Carballo 981 704 100
- Rexistro auxiliar de Cultura de 10.30 h a 12.30 h 981 704 300
- Rexistro auxiliar Servizos Sociais 981 704 706
- Rexistro auxiliar Deportes 981 702 109
- Rexistro auxiliar Fórum 981 709 010
DOCUMENTACIÓN BÁSICA QUE SE PRECISA
- Modelo normalizado de solicitude con todos os epígrafes cubertos e asinados
- Copia do libro de familia ou certificado literal de nacemento
- DNI ou NIF provisional da persoa beneficiaria
- Xustificante de titularidade onde constará o nº de conta (co IBAN) a nome da persoa beneficiaria ou solicitante da axuda
- No caso de separación ou divorcio, deberán achegar sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a beneficiario/a.
IMPRESO SOLICITUDE DE PRESENTACIÓN E BASES
Pódese descargar aquí ou recoller fisicamente no Pazo da Cultura.