A primeira proposta, o mércores 22 de xaneiro, achegará a cativada ao mundo do mar coa colaboración das Redeiras do Fieital de Malpica
Carballo foi o berce do programa Apego e segue sendo un dos concellos locomotora deste proxecto, que trata de facilitar a socialización en galego dos nenos e nenas de cero a seis anos achegando ás familias numerosos e variados recursos lúdicos, tal como expón a concelleira de Normalización Lingüística, Ángeles Pacoret.
En coordinación con outras áreas municipais, para o primeiro semestre do 2025 temos preparadas unha morea de actividades coas que queremos que os nenos e nenas poidan seguir Medrando con Apego. A primeira será xaesta semana:unha xornada de achegamento ao mundo do mar e ao traballo das redeiras grazas á colaboración da asociación Redeiras do Fieital, de Malpica. Aquí tes o programa polo miúdo:
- 22 de xaneiro. Ás 17.00 e 18.30 h, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas: Coñecendo o mar, coas Redeiras do Fieital. Para nenos/as de 2 a 6 anos.
- 5 de febreiro. Que contan os fósiles? Nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, co Grupo de Investigación en Cambio Ambiental da UDC. Ás 17.00 e 18.30 horas. Para nenos/as de 3 a 6 anos. Colabora a Concellaría de Innovación.
- 19 de febreiro. A nosa lúa, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, co Grupo de Investigación en Cambio Ambiental da UDC. Ás 17.00 e 18.30 horas. Para nenos/as de 3 a 6 anos. Colabora a Concellaría de Innovación.
- 12 de marzo. Ás 17.00, Xogos con Apego, con Bonecos Animación. Mercado municipal. Para nenos/as de 0 a 6 anos.
- 26 de marzo. Máis música, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas. Con Xabi. Longueirón e sesión dobre: 17.00 e 18.30 horas. Para nenos/as de 2 a 6 anos.
- 9 de abril. Andaina Anllóns Rede Natura, con Vía Inqueda. Saída do Parque do Anllóns ás 17.00 horas. Para familias con nenos/as de 0 a 3 anos.
- 23 de abril. Tarde de contos en familia, con Cris de Caldas, na Biblioteca Municipal Rego da Balsa. Sesións ás 17.00 e 18.30 horas. Para nenos/as de 0 a 3 anos.
- 7 de maio. Bos días, Leo, a cargo de Trémola Teatro, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas ás 17.00 e 18.00 horas. Para nenos/as de 0 a 3 anos.
- 21 de maio. Canto e bailo miúdo, coa Escola do Alprende. Ás 17.00 e 18.30 horas nas Escolas do Xardín Agra de Caldas. Para nenos/as de 2 a 6 anos.
- 4 de xuño. Amar no mar, contacontos interactivo para familias con Ana Prema. Sesión única ás 17.00 horas, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas. Para nenos/as de 0 a 3 anos.
- 18 de xuño. Ecoralia, a lambona ecolóxica. Concerto de Pakolas ás 17.00 horas, no mercado municipal, para nenos e nenas de ata 6 anos. Entrada libre sen inscrición.
As inscricións para cada actividade poderán realizarse desde unha semana antes a través do enderezo electrónico snl@carballo.gal.
O proxecto Apego, que celebra este ano o seu décimo aniversario, conta nestes momentos con máis de 350 familias do noso concello. E todas as que queiran sumarse non teñen máis que achegarse ata a casa do concello e poñerse en contacto coa técnica do Servizo de Normalización Lingüística, Carme Pereiro.