A web oficial do concello de Carballo

A Concellaría de Turismo ofrece formación gratuíta para emprender no ámbito do surf a través do proxecto Red de Pueblos del Surf

A Concellaría de Promoción Económica e Turismo pon en marcha, a través do proxecto Red de Pueblos del Surf, unha proposta formativa dirixida a persoas que queiran impulsar un proxecto empresarial vinculado ao turismo, o emprendemento local ou o surf.

O programa é gratuíto e esta centrado en catro áreas de actuación:

  1. A definición do modelo de negocio, buscando o balance económico social e ambiental.
  2. O establecemento dunha estratexia de negocio a curto, medio e longo prazo.
  3. O deseño dun plan financeiro que permita coñecer onde, cando e canto gasta e gaña a empresa, para poder tomar as decisións máis axeitadas.
  4. A xestión da comunicación.

O obxectivo da Red de Pueblos del Surf -da que formamos parte xunto coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e os concellos de Castrillón (Asturias), Ribamontán al Mar (Cantabria) e Getxo (Biscaia)- é fomentar o desenvolvemento sostible a través do emprendemento costeiro.

Este programa está financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.