O Concello de Carballo, en colaboración con CiberVoluntarios e o programa YoConecto.org, anuncia unha nova programación de cursos presenciais gratuítos destinados a pechar a fenda dixital e mellorar as habilidades tecnolóxicas da cidadanía.
Estas formacións, dirixidas a persoas maiores de 18 anos, inclúen certificación oficial. Os cursos levaranse a cabo na Aula CeMIT (Pazo da Cultura) e abranguen dende o uso da Intelixencia Artificial ata a seguridade na rede ou a procura de emprego.
Calendario de formacións
| Curso | Datas | Horario |
| Crea contido con Intelixencia Artificial (IA) | 30, 31 de marzo, 1 e 6 de abril | 10:00 a 13:00 |
| Apps útiles para a xestión de trámites en Internet | 30, 31 de marzo, 1 e 6 de abril | 16:30 a 19:30 |
| Como buscar emprego no mundo dixital | 9, 10, 16 e 17 de abril | 10:00 a 13:00 |
| O teu currículum dixital | 7, 8, 14 e 15 de maio | 10:00 a 13:00 |
| Apps útiles para a xestión de trámites en Internet (2ª) | 21, 22, 28 e 29 de maio | 10:00 a 13:00 |
| Seguridade: Protexe o teu mundo dixital | 1 ao 4 de xuño | 10:00 a 13:00 |
Os cursos están deseñados para todos os niveis e inclúen contidos clave como:
- Iniciación á internet e banca dixital.
- Impulso profesional: creación de CV e busca de emprego en liña.
- Negocio e emprendemento: marketing e comercio electrónico.
- Benestar e seguridade: protección de datos e uso seguro de internet.
Inscricións
As persoas interesadas poden reservar a súa praza a través das seguintes vías:
- Internet: https://cemit.xunta.gal/gl/centros/carballo
- Información: teléfono 981 709 011 ou oficinas municipais do Fórum Carballo (2º andar)