#34 FIOT | WORK IN PROGRESS
As formas buscaban a elevación idealizada no ballet clásico, combatendo a gravidade e encorsetando os corpos. A comezos do século pasado a mirada cambia e comeza unha contemporaneidade en formatos e linguaxes, ata chegar a transformar o espazo e a darlle a volta aos escenarios. É a cápsula 1 é a primeira mostra ao público dunha nova produción na que está comezando a traballar a creadora Paula Quintas, unha conferencia en movemento que propón un percorrido vivo e poético pola historia da danza e do circo, entre a disciplina do corpo e a súa liberdade aérea.
Paula Quintas é un bailarina, creadora, coreógrafa e directora artística galega de referencia e cunha linguaxe persoal que explora a danza contemporánea, a verticalidade e a relación do corpo co espazo, sempre na procura de novos modos de comunicar e de compartir co público. No FIOT 33 estreamos o seu espectáculo Multiperspectivas#3.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.