#34 FIOT | Unha paisaxe desolada: podería ser un vertedoiro, unha fábrica abandonada, unha trincheira, unha vella estación. Ducias de cadeiras en montóns desordeados. Tres personaxes abafados por completar unha tarefa que non comprenden e que nunca rematan. Falan, calan, discuten, retórcense, pelexan e danse apertas. Pasan da angustia á euforia cada pouco. Non saben por que están alí, nin o que lles espera. Parece que non poden marchar.
Absurdia é un formato de improvisación, inspirado no teatro do absurdo, e baseado na poética do clown. Tamén é unha traxicomedia existencialista, unha fábula que se rí do absurdo da condición humana. Improvisacións alegóricas, situacións esperpénticas, filosofía surrealista, diálogos delirantes e humor xestual. A través da técnica do teatro de improvisación, os textos, a dramaturxia, as escenas, van cobrando forma mentres se realizan. facendo de Absurdia unha obra que se crea en directo, ante os espectadores.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.