#34 FIOT | Preguntástesvos algunha vez que levamos dentro? A humanidade leva séculos tentando descifrar os misterios do corpo humano, nós… un pouco menos. Un breve paseo pola anatomía converterase nunha viaxe ao interior do noso interior. Unha lección de anatomía tan breve e delicada coma poética. Este delicioso e sofisticado xogo escénico combina humor, tenrura e reflexión, mesturando a plasticidade do obxecto co poder evocador da palabra. Cunha mirada próxima e conmovedora, a peza convida ao público a explorar o descoñecido desde o máis próximo: o propio corpo.
El Patio Teatro é unha pequena compañía creada hai xa 15 anos da man de Izaskun Fernández e Julián Sáenz, para achegar ao público historias que xorden da emoción ante o cotiá e da procura dunha linguaxe propia para contalas. A súa singularidade foi recoñecida con múltiples premios nacionais e internacionais, tanto para a compañía, que xa nos visitou hai uns anos, como para esta obra.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.