#34 FIOT | Jordi medra nunha pequena vila, rodeado de paxaros, de flores de camomila e de tres mulleres: a nai, a tía e a avoa. Tres xeracións que exercen de nais. A vida convértese nunha auténtica loita de súper heroes e súper heroínas e os desafíos máis duros en aventuras que formarán parte da súa vida. Actores, máscaras e bonecos crean un mundo máxico para contar unha fermosa historia sobre a maternidade e a infancia, a vida e a perda, a enfermidade e a morte desde a ollada tenra dun neno que intenta comprender. Un relato de aventuras e emocións e, sobre todo, do amor que lle deixaron como legado as súas vivencias.
O encontro interxeracional é o obxectivo de Cía Campi, que se vale de recursos visuais, da diversión e da emoción para chegar de maneira universal a adultos e maiores, na procura do neno que todos levamos dentro. Levaron o seu traballo a máis dunha ducia de países de Europa, América e Asia.
* Ao inicio da función celebrarase o acto de entrega do Xograresa de Outono 2025 a Areta Bolado.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.