A web oficial do concello de Carballo

Teatro de Rúa: “Welcome & Sorry” de Ganso & Cía

10/10/2025
19:30
Praza do Concello

#34 FIOT | ESTREA EN GALICIA

Dous amantes do teatro representarán Hamlet con total fidelidade ao orixinal. Ter que facer o traballo dunha ducia de artistas e técnicos, presentalo na lingua de Shakespeare e non ter talento nin habilidades non serán impedimento. Ou si? Se William erguese a cabeza, quizais non estaría orgulloso pero, polo menos, botaría unhas risas. Esta comedia xestual en clave de clown parodia os grandes clásicos e os estereotipos que os rodean e visibiliza o oficio teatral. Un espectáculo fresco e participativo que combina comedia xestual, clown e un humor accesible e universal.

O clown é o punto de partida na creación de espectáculos da compañía de Gorka Ganso e Cecilia Paganini. O seu traballo é artesanal e contemporáneo e os personaxes son reflexo de todos nós e están cargadas de humanidade. Heroes cotiás, estúpidos e transparentes que nos levan da tenrura á risa.

  • Venres 10 de outubro
  • 19.30 h.
  • Praza do Concello (en caso de choiva, no 2º andar do Mercado Municipal)
  • Para todos os públicos
  • Duración: 50 minutos
  • Circo A-Escena

Non hai campos definidos para este produto.