Bárbara Rodríguez, do Teatro del Cuervo, e Noemí Miranda, de Trivilorio Impro, veñen de mundos distintos — teatro de texto, improvisación e cabaré — pero comparten moitas experiencias vitais e moito humor neste espectáculo no que a improvisación, a música e a complicidade co público o transforman nunha festa. Un espectáculo cabareteiro, cómico, primitivo e moi instintivo.