O acróbata, artista e formador Angel de Miguel conta cunha ampla experiencia internacional. Funda esta compañía no ano 2017 coa vocación de crear unha linguaxe polivalente arredor da cama elástica e de reivindicala como disciplina central do circo actual. É un proxecto independente e persoal que conxuga o risco e a calidade técnica do circo tradicional coa expresividade e virtuosismo do contemporáneo.



