#34 FIOT | Unha pallasa e moitas maletas. Unha viaxe imprevista que nos leva a un lugar onde esperar deixa de ser aburrido para converterse nun momento de xogo e imaxinación sen límites. Sen palabras, niMú, crea situacións absurdas, improvisadas, cun ambiente poético grazas ao compañamento en vivo dun violonchelista. Equilibrios, clown, danza, e xogo co público é a proposta da compañía de Xandra Gutiérrez que chega ao FIOT da man de Camiño Escena Norte, un proxecto liderado por Escena Galega xunto con outras asociacións de artes escénicas da ruta histórica dos Camiños de Santiago, co que o FIOT colabora desde o seu inicio. Interpretado por Xandra Gutiérrez e Iván Casado baixo a dirección de Leandre Ribera.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.