A web oficial do concello de Carballo

Rúa dos Contos: “A xira do cuarto de século” de Pepo Suevos

25/09/2025
21:00
Mesón do Pulpo

#34 FIOT | Hai quen dura vinte e cinco minutos no escenario. Outros, vinte e cinco funcións. Pepo Suevos leva vinte e cinco anos facendo rir, pensar e rillar a retranca coma quen rilla polbo na súa salsa. E se cumprir anos é cousa seria… hai que celebralo! A Rúa do contos gáñalle en antigüidade por un ano e as nosas traxectorias mesturáronse en varias ocasións, polo que merecemos que realice unha parada especial deste maratón humorístico por Galicia e a estrea da que foi a súa aventura no medio do camiño, nun local perfecto para xuntar palabra e petisco.

Pepo Suevos é un todoterreo, actor, guionista e monologuista capaz de combinar o humor máis intelixente co máis “brutallán”. Prepárate para 75 (ou 90, segundo lle dea) minutos de humor feito na casa, con anécdotas, historias e verdades como puños, onde o teatro, a vida e a risa mestúranse coma o viño e a ghaseosa: entra fácil e queda fondo.

  • Xoves 25 de setembro
  • 21.00 h.
  • Mesón do Pulpo
  • Entrada: 5 €
  • Público adulto

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.