A web oficial do concello de Carballo

Axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases A2 e B por parte das persoas mozas residentes en Galicia

Publicadas no DOG as bases reguladoras que rexerán as axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases A2 e B por parte das persoas mozas residentes en Galicia coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade, e proceder á convocatoria para o ano 2025.

Prazo de solicitude: un mes, que se contará desde o día 25 de agosto de 2025 ás 9.00 horas ata o día 25 de setembro de 2025 ás 20.00 horas, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.