A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Sinatura de libros con Marta Villar e Víctor Cebey

13/07/2025
19:00
Xardín Municipal

PLIC! | A caseta das Bibliotecas de Carballo na Praza dos Libros acolle unha sinatura a cargo de: Marta Villar e Víctor Cebey. Marta Villar (Malpica, 1973) é xornalista. En 2020 conseguiu o Premio Tiflos de Xornalismo e resultou finalista no XLI Premio de Xornalismo Julio Camba Afundación. Foi finalista tamén nos certames de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal nas edicións de 2021 e 2022, así como no Premio de Poesía Gloria Fuertes do Concello de La Rinconada (Sevilla) de 2021. A súa primeira novela é Non temerás os coches amarelos (Xerais, 2023) e gañou o XLI Premio Xerais de Novela coa obra Detective Ferruchi (Xerais, 2024). Con Os peidos máxicos de Sultán (Xerais, 2024) estréase no eido da literatura infantil.

Pola súa banda, Víctor Cebey (Carballo, 1989) oncólogo e escritor, asinará exemplares de do A ao X (Edicións Fervenza, 2024). Poemario gañador do XXVIII Premio Avelina Valladares Núñez de Poesía, que destaca pola súa proposta cualitativa e lograda de poesía chea de frescura, no que o seu autor deixa as súas pegadas nesta recompilación de poemas sen un eixe temático claro, pero nos que os sentimentos, a morte e, sobre todo, a vida percorren os seus versos cheos de humanidade.

Non hai campos definidos para este produto.