A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Sesión vermú con Mirando Flores

13/07/2025
13:00
Xardín Municipal

PLIC! | A Praza dos Libros tamén ten espazo para a música, así que no seu último día teremos sesión vermú con Mirando Flores. Esta banda de Santiago de recente creación está formada por Polma, Lara, Marcos e Pablo Carballo.

Ademais, hai que lembrar que durante toda a mañá do domingo a Praza dos Libros convive coa feira tradicional e todas as persoas que merquen un libro nalgunha das casetas da feira recibirán de agasallo un molete de Pan de Carballo. Todos os libros teñen un 10% de desconto.

Non hai campos definidos para este produto.