PLIC! | A Praza dos Libros acolle a presentación de Pandeireteiras (Embora, 2025) de Xosé Manuel Varela, Icía Varela e Nerea Gómez. Pandeireteiras convídanos a un percorrido esencial pola traxectoria biográfica e artística das cantareiras que protagonizan as Letras Galegas de 2025. Representantes contemporáneas daquelas mulleres que inspiran a Rosaía de Castro á hora de escribir Cantares Gallegos, obra fundacional do Rexurdimento literario galego no século XIX. Mulleres que nos albores do último cuarto de século XX marcaron novos camiños para a música popular galega. Voces cuxo legado está moi vivo aínda nos espectáculos de artistas e agrupacións do século XXI.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.