PLIC! | Lupe Blanco ten unha impecable traxectoria no campo da regueifa e a música oral. Esta cantante de coro leva décadas dando vida á tradición oral a través da improvisación, as palabras rimadas e o compromiso coa identidade cultural. Converteuse nunha figura destacada pola súa capacidade para transmitir e renovar a regueifa entre xeracións. Tamén colabora como formadora en obradoiros educativos dentro dos proxectos Regueifesta e Enreguéifate, promovendo a creación da primeira Escola de Regueifa no Concello de Carballo. Precisamente coa escola carballesa ofrece esta mostra na Praza dos Libros.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.