PLIC! | A Praza dos Libros presenta un faladoiro titulado: “Libros do Mar: a travesía editora dunha comisión de festas”. Héctor Pose e Txema García, acompañados por Pedro Mato, compartirán cos e coas asistentes as súas experiencias cos libros Corpos no mar (2024) e Os doce faros da fin do mundo (2025), os dous editados pola Asociación Cultural e Deportiva Mallas de Area, de Malpica, unha entidade que naceu como unha comisión de festas e que se ten convertido en algo máis.
Héctor Pose (Malpica, 1964) é profesor universitario e escritor. Publicou numerosos libros de ensaio sobre diversas herdanzas e moitas outras maneiras de interpretalas. A súa biografía literaria do recoñecido exfutbolista, Donato (Damajuana Edicións, 2016), o diario de ficción Doce lúas (Axóuxere, 2015) e a novela Mar de Invernía (Phottic, 2016), alternando entre o galego e o castelán, conforman unha interesante carreira como autor.
Txema García Paredes (Barakaldo, 1952) é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade do País Vasco (UPV-EHU). Traballou como xornalista durante vinte e dous anos para os xornais Egin e Gara, onde publicou numerosas entrevistas e reportaxes sobre política, cultura, sociedade e investigación. Tamén ten desenvolvido unha carreira como escritor.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.