A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Plan de rescate: escape room con Antía Yáñez

11/07/2025
12:00
Xardín Municipal

PLIC! | A Praza dos Libros acolle un Escape Room para a cativada dirixido pola escritora Antía Yánez. A actividade está baseada no seu libro, Plan de rescate (Xerais, 2020, ilustrado por Xiana Teimoy). Nel Xeila, Héitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio do seu colexio cando ocorre algo estraño: escoitan un forte estrondo e a mestra Xoana, que saíu a velos, non volve. Onde está? E o resto do colexio? Por que está a policía fóra?

Na actividade, as nenas e nenos terán que seguir as pistas e rescatar aos compañeiros de clase que quedaron atrás. Serán capaces? Só teñen unha hora!

  • Para público infantil (recomendado de 7 a 12 anos)

Non hai campos definidos para este produto.