A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Presentación de “Conta, Sherezade” de Suso de Toro

10/07/2025
21:00
Xardín Municipal

PLIC! | Suso de Toro sorpréndenos en Conta, Sherezade (Xerais, 2025) cunha historia na que a literatura se converte en protagonista da propia novela e nun medio para comprender a vida. Luz asiste a un curso de creación literaria e decátase de que descoñece a verdadeira historia da súa familia, da súa vida, polo que decide utilizar a escrita literaria para reconstruíla. A investigación e o proceso de documentación que leva a cabo para crear esa súa novela vital vaille ir desvelando datos e acontecementos que xa estaban aí e agardaban agochados e silenciosos nalgún lugar da memoria.

Xesús Miguel de Toro Santos (Santiago de Compostela, 1956) é un escritor licenciado en Arte Moderna e Contemporánea; tamén é guionista de televisión e colaborador habitual en xornais e radio. Ten publicado máis de vinte libros en galego sobre ficción, teatro e ensaio. Entre as súas novelas destaca Trece badaladas, pola que recibiu o Premio Nacional de Narrativa en 2003 e que foi adaptada ao cine.

  • Suso de Toro estará acompañado na presentación por Mercedes Queixas Zas

No field defined for this product.