A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Presentación de “Bibiano” de Carlos Rego

10/07/2025
20:00
Xardín Municipal

PLIC! | A intención primeira de Bibiano (Galaxia, 2025) é a de rescatar do esquecemento o Bibiano músico, que nos últimos anos da súa vida era máis coñecido pola súa faceta de promotor e organizador de concertos e produtos culturais que pola súa obra musical, e indagar na súa evolución artística de par que se tenta explicar unha evolución persoal fascinante, contraditoria para moitos, desde os seus anos no pop en Compostela ata o apoxeo e ocaso no mundo dos negocios, pasando pola súa actividade en Voces Ceibes.

Carlos Rego (Ourense, 1965) leva dende mediados dos 80 perdendo cartos no mundo da música, iso si, coa maior elegancia posible. Membro de grupos como Viernes y los Robinsones, Cosecha Roja e Burgas Beat, dende moi cedo combinou as cancións cunha carreira paralela e case igual de anónima no mundo do xornalismo musical. Dende 2004 colabora habitualmente en Ruta 66. Tralo seu paso por Nordesía, o suplemento cultural do Diario de Ferrol, hoxe receita discos nas páxinas de Tempos Novos. En 2010 publicou o seu primeiro libro, Nuevo Rock Americano, años 80. Luces y sombras de un espejismo (E. Milenio). En 2015 publicou Derribos Arias. Licencia para aberrar e en 2019 Magín Blanco. O camiño da luz.

  • Carlos Rego estará acompañado por Xabier Graña

No field defined for this product.