A Concellaría de Innovación, Formación e Emprego pon en marcha o programa “Ven cociñar con nós!”, que trata de fomentar a afección pola restauración e, ao mesmo tempo, abrir as portas da Escola de Hostalaría a toda a veciñanza. Nesta ocasión, dentro das accións complementarias do curso de cociña que se está a impartir no Fórum Carballo, e que forma parte do Plan formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, está programado un taller para maiores de 60 anos.
Os/as participantes aprenderán o proceso completo de envasado de produtos da horta e do mar nun obradoiro dirixido polo cociñeiro Chisco Ramos, e poderán compartir os pratos coas súas familias, xa que os levarán para a casa.
Esta actividade forma parte do proxecto GastroFórum, que inclúe actividades destinadas a diferentes sectores da poboación.
0,00 €
Esgotado
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.