A web oficial do concello de Carballo

GastroFórum: Taller de cociña para nenos/as de 9 a 14 anos

11/07/2025
10:00
Fórum Carballo

A Concellaría de Innovación, Formación e Emprego pon en marcha o programa “Ven cociñar con nós!”, que trata de fomentar a afección pola restauración e, ao mesmo tempo, abrir as portas da Escola de Hostalaría a toda a veciñanza. Nesta ocasión, dentro das accións complementarias do curso de cociña que se está a impartir no Fórum Carballo, e que forma parte do Plan formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, está programado un taller para nenos/as de 9 a 14 anos de idade.

Os/as participantes aprenderán o proceso completo de elaboración de pizza e galletas nun obradoiro dirixido polo cociñeiro Chisco Ramos, e poderán compartir os pratos coas súas familias, xa que os levarán para a casa.

0,00 

Esgotado

No field defined for this product.