Verán Cultural | O sábado 5 de xullo pista polideportiva de A Imende-Noicela, acolle unha nova edición da Romaría Galega. Comezará ás sete da tarde cunha sardiñada e churrascada e a partir das oito actuarán grupos de música e baile tradicional da asociación Nemeth. Para rematar, o grupo Caramelo amenizará a verbena nocturna. Trátase dunha cita coa vecindade, coa gastronomía e coa música tradicional á que adoitan sumarse centos de persoas cada ano.
Organiza a Asociación Deportiva, Cultural e Recreativa Baldaio | Colabora o Concello de Carballo
📷 Raúl López | Diario de Bergantiños
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.