Verán Cultural | Como cada verán, o cinema ao aire libre forma parte importante da programación cultural de Carballo. Neste caso, co ciclo Noites de cine que inclúe proxeccións de películas os mércores e xoves en diferentes espazos do concello, tanto no casco urbano coma nas parroquias.
O soño da sultana é un relato curto feminista indio escrito en 1905 por Rokeya Hussein. Inés é unha directora de animación española de 30 anos en Ahmedabad que intenta romper co seu amante indio, Àmàr. Por casualidade, entra nunha libraría onde descobre este relato sobre un país imaxinario gobernado por mulleres. Fascinada pola historia da autora e a súa actitude transgresora, Inés decide facer unha película.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.