Verán Cultural | Como cada verán, o cinema ao aire libre forma parte importante da programación cultural de Carballo. Neste caso, co ciclo Noites de cine que inclúe proxeccións de películas os mércores e xoves en diferentes espazos do concello, tanto no casco urbano coma nas parroquias.
Leo Harlem ou “El Langui” protagonizan La familia Benetón. A vida de Toni, un home solteiro, rabuñento e sen fillos, dá un xiro inesperado cando morre a súa irmá, e de súpeto convértese no titor temporal dos seus cinco fillos adoptivos, cada un dun país e orixe diferentes.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.