Verán Cultural | Como cada verán, o cinema ao aire libre forma parte importante da programación cultural de Carballo. Neste caso, co ciclo Noites de cine que inclúe proxeccións de películas os mércores e xoves en diferentes espazos do concello, tanto no casco urbano coma nas parroquias.
As Neves é unha pequena vila de montaña na que todos se coñecen. A noite de Entroido, tras celebrar unha festa, un grupo de adolescentes espertan coa noticia da desaparición dunha das rapazas do grupo. Comeza así unha investigación que cambiará as súas vidas. Unha das películas galegas máis importantes deste ano, dirixida pola tamén galega Sonia Méndez, que foi premiada como mellor longametraxe nos Mestre Mateo 2025.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.