A web oficial do concello de Carballo

Convocatoria da sesión ordinaria de pleno para o 30 de novembro de 2026

30/11/2026
20:30
Salón de plenos

Declaración institucional do 25 de novembro de 2026

Parte resolutiva:
1.- Actas das sesións anteriores (26/10/2026, ordinaria; e 02/11/2026, extraordinaria). Aprobación.
2.- Convenio entre o Concello de Carballo e a entidade urbanística de conservación, xestión e modernización do Polígono de Carballo (ECOXEM) para a xestión, explotación, conservación e mantemento da báscula de pesaxe existente no polígono. Aprobación.
3.- Contrato mixto de servizos enerxéticos da iluminación sostible pública, viaria e social do Concello de Carballo (SER 15/2026). Adxudicación.
4. Contrato administrativo de xestión do servizo público, baixo a modalidade de concesión, denominado “Recollida de lixo, transporte, punto limpo e canceira do Concello de Carballo” (SEP 01/2012). Aprobación da revisión de prezos número 13.
5. Segunda fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal, Adicional 4/2026 (2ª fase do POS+adicional 4/2026) da Deputación Provincial da Coruña. Aprobación.

Parte de control:
6.- Moción do PSdeGPSOE (RE núm. 202699900008691, do 06/11/2026) en defensa dunha educación inclusiva e para instar á Xunta de Galicia á paralización do proxecto piloto “Aulas Senda”.
7.- Resolucións da Alcaldía
Resolucións ditadas entre o día 21/10/2026 (núm. 2986) até o día 23/11/2026 (núm. 3430).
8.- Acordos da Xunta de Goberno Local
Actas das sesións da XGL de datas 19/10/2026, 02/11/2026 e 16/11/2026.
9.- Dación de conta do informe da Tesourería e Intervención municipais sobre o cumprimento dos prazos establecidos na Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, correspondente ao terceiro trimestre de 2026.
10.- Dación de conta da información rendida ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas en cumprimento do artigo 16 da Orde MAP/2015/2012, do 1 de outubro. Execución do terceiro trimestre do 2026
11.- Rogos
12.- Preguntas